ODB DESÉXANVOS BO NADAL E FELIZ ANO 2010

diciembre 24, 2009

Este mes de Nadal asistimos o día 24 de noiteboa a Garellas, lugar da parroquia de Millerada, no concello pontevedrés de Forcarei, mailo sábado 26 actuamos en Dorrón.

Tamén compre destacar que nestas datas tan especiais na nosa cultura,  fannos aniñar  na  calor da familia para convivir e disfrutar cos nosos. Para eso Os Do Barro e toda a súa familia deséxanvos un Bon Nadal e Feliz Aninovo 2010, que este ano que vai comezar veña cargado de saúde, felicidade, sorte… e sobre todo de FESTAS, que é do que vivimos nós os gaiteiros.

Postal Navideña de ODB

 

 


CEA ’09 ALUMEADOS CON VELAS

noviembre 30, 2009

O sábado 21 do presente tivemos a cea que todos os compoñentes e algúns excompoñentes organizamos tódolos anos máis ou menos por estas datas, sempre antes do mes de nadal. Este ano como anécdota a salientar tivemos a falla de luz eléctrica no restaurante o  debido as inclemencias meteorolóxicas. Para paliar o tan preciado alumeado eléctrico nada mellor que unhas velas potentes e nada a cear. Para que digan logo que a luz eléctrica é imprescindible.

ODB Cea'09

 

 

 


NAZARENO’09

septiembre 30, 2009
Este ano tamén estivemos na Pobra do Caramiñal,  percorrendo as rúas e corredoiras desta coñecida vila barbanzá, estivemos desenvolvendo a nosa laboura de transmitir a mensaxe de festa  que se nos encomenda todos os anos, foron catro días intensos de traballo, dende o venres 18 ata o Luns 21 de Setembro.

Esos días coincidimos con Pepe Romero, unha das persoas máis importantes da cultura e música tradicional deste país. A parte de ser membro dunha das familias máis populares dentro da nosa música, Os Rosales de Rianxo, tamén foi director dunha das bandas de gaitas que marcou época en Galicia, Ancoradoiro. Tamén tivemos a ocasión de “molestar” por uns intres o rexedor pobrense, Isaac Maceiras, para que se prestara a sair connosco na mesma instantanea.

Pídovos disculpas a todos os que seguen o blog por esta longa tempada de inactividade, tamén disculparme por esta imaxe que non é de moita calidade, xa que foi feita cun teléfono móbil e cada aparello ten a súa función, pero sirve para deixar constancia do acontecido.

 

ODB con Pepe Romero e o alcalde pobrense.

 


O ENTROIDO II

marzo 31, 2009

 

 Este mes de Marzo practicamente non tivemos actividade, exceptuando as datas de Carnavais e por suposto os ensaios habituais do inverno.

O Entroido rematou co desfile que tivo lugar en Sanxenxo o día 1 de Marzo, iniciouse o seu percorrido na Avda. Luis Rocafort en Sanxenxo e rematou nunha carpa habilitada para a ocasión, na explanada que está ao lado da lonxa de Portonovo. Neste evento déronse cita Comparsas de toda Galicia, e converteuse nun espectáculo digno de observar.

 O sábado 22 tivemos a comida da comparsa, tivo lugar no restaurante “Casa Portela” ubicado na Revolta (Noalla), onde tivemos tempo a parolar, interpretar as “historias” do entroido, tocar e cantar outras pezas emblemáticas como a “Rianxeira”.

 Por último, chegamos a conclusión, os alí presentes, que para o ano (se se chega alá), seguiremos coa ledicia e a tradición da festa máis ancestral de cantas se celebran.

ODB na Comida da Comparsa

ODB Comida da Comparsa

 


VIVA O ENTROIDO!

febrero 26, 2009

 

Este segundo mes do ano tamén alcumado mes do Carnaval, tivemos principalmente dous compromisos festivos que nos tiveron ocupados nas datas da celebración máis ancestrais e máis “pagana” de cantas se celebran, o Entroido.

 Comezamos o Sábado 21 en Pelete, nunha comida que organizan as xentes da aldea e máis a directiva da Comisión das festas que se celebran no mes de Setembro, traen da zona do Ribeiro o viño en camións-cisterna e deposítano nas cubas que xa teñen preparadas para que repouse o tempo necesario para ser consumido en datas anteriormente mencionadas.

 O Domingo 22, fomos acompañando a Comparsa dos Xubilados de Noalla, a mañá fomos polos bares, restaurantes e outros establecementos comerciais de Pontes e Aios e a tarde presentámonos no Concurso celebrado na Praza dos Barcos en Sanxenxo, a coincidencia fixo que nos tocara o turno de actuar ó solpor.

Levamos duas pezas a primeira “A crisis”, con música do “Caneco”, e que fai referencia a actual situación económica na que estamos inmersos e critica ós políticos a nivel nacional e autonómico. A segunda titulada “Promesas de políticos”, coa melodía do “Sacristán de Coimbra”, é unha crítica-satírica en clave local con alusións directas á Alcaldesa e os concelleiros da parroquia de Noalla.

 O Martes 24 á tarde, novamente fomos de “xira” coa Comparsa  transmitindo a esencia e a alegría do Carnaval, primeiro polos bares e restaurantes da Lanzada e Noalla, para logo transladarnos a Vilalonga e percorrer case que tódolos bares do casco urbán. En conclusión, levamos o espíritu do Entroido por estas duas parroquias nas que  non hai ningún tipo de evento ou celebración nestas datas tan sinaladas. Por eso temos que dicir ben alto: LONGA VIDA Ó ENTROIDO!

ODB no Pelete 2009

ODB no Pelete 2009

 

ODB coa Comparsa dos X. de Noalla

ODB coa Comparsa dos X. de Noalla


SAN AMARO 2009 TODOS DEBAIXO DO TELLADO

enero 29, 2009

 

Este ano que acaba de comezar principiamos a nosa andaina nun dos lugares que a mín persoalmente máis me gusta tocar, Arra. Para aqueles que non saiban donde situar Arra, para entendernos mellor, abarca aproximadamente a franxa litoral dende a praia de Paxariñas  ata o remate da praia de Montalvo en Aios, aínda que o núcleo principal de poboación se atopa a 1 Km da costa hacia o interior trazando unha liña recta dende o medio da praia de Montalvo. Dicir tamén que Arra actualmente é un anexo da parroquia de Sta. María de Adina e que no seu tempo foi parroquia independente.

 Este ano (e con este xa levamos dous) podríamos trocar ese dito de “En S. Amaro trompos o tellado” polo de “En S. Amaro todos debaixo do tellado”.

As celebracións comezaron o Xoves 16, na honra de S. Amaro, e a verdade é que as inclemencias metereolóxicas en forma de choiva, non nos permitiron efectuar a alborada como de costume, entón non nos quedou máis remedio que animar a troula polos bares, tabernas, furanchos, casas e restaurantes do lugar, e a xuzgar pola primeira imaxe non se nos dá nada mal. Nesta tesitura, pasou a mañá voando e ás 13:00 h tivo lugar a misa para a continuación ir en procesión arredor da capela. Por último, rematamos tocando unhas pezas nun coñecido restaurante.

O día seguinte, día de S. Marcial, remitiu o mal tempo e deixounos percorre tódolos camiños e corredoiras de Arra, para logo ir en procesión, e esta foi máis larga cá do día anterior, e chegou ata a pista que vai a Aios, alí parouse para facer o lance de fogos, para logo subir outra vez ata a capela. Despois chegaron as poxas nas que se ofertaron prantas e galos entre outras cousas, para rematar nun restaurante tomando uns pinchiños e despedir esta Festa invernal como se merece.

ODB en acción con viño e xamón

ODB en acción con viño e xamón

ODB en Arra 2009

ODB en Arra 2009


ADEUS 2008

diciembre 29, 2008
Agora que remata o ano é tempo de facelo resumo deste 2008 en canto a actuacións. Este ano que nos deixa foi moi positivo para o grupo, aínda que tamén foi compricado e complexo, tocamos en moitas festas de todo tipo e percorremos moitas ruas, corredoiras, congostras e algún que outro atallo polo medio das silveiras.

 Cedo comezamos a tocar neste 2008 xa que o primeiro de xaneiro tocamos nun lugar de Soutelo de Montes chamado A Magdalena, logo xa viñeron as festas de Arra, Bordóns e Adina.

 No mes de Febreiro chegaron os carnavais e tocamos coa comparsa de Noalla, tamén comenzamos a tocar nos hoteis para os turistas, feito que se prolongou durante todo o ano.

 Chega Marzo e a primeira actuación que temos é a bendición do viño que traen dende o Ribeiro ata O Pelete, no Concello da Lama.

 En Abril tivemos un mes de repouso xa que non tivemos actuacións, houbo que agradar ata Maio para empezar o forte das actuacións principiando con Castrelo, logo Aios e por último en Dorrón.

Xa entramos de cheo no bo tempo co mes de Xuño, e con el as actuacións: no Maño (A Pobra do Caramiñal, Garellas (Forcarei), Vilariño (Cambados), e as festas de S. Xoán de Aios por último tocamos en Sanxenxo nunha Xuntanza da Asociación Cultural Abiñadoira.

Xa estamos no verán o calor apreta e escomenzamos a suar a cachón nas alboradas. En xullo tocamos en Bordóns, no sacramento de Noalla nun banquete e en Dorrón.

Chega Agosto, mes de vacacións, turismo e festas por tódolos sitios. Este mes estivo repleto de actuacións, comenzando coa festa das Migas na Revolta , Sto. Domingo de Beariz, o Maño e o Carme dos Pincheiros  ( Pobra do Caramiñal), romería da Lanzada, tamén tocamos nunha voda duns americanos na capela da Lanzada, pois sí que foi un mes completo.

 En Setembro a primeira actuación é Castrelo, logo a festa do viño de Pelete (A Lama), para rematar coas festas do Nazareno na Pobra do Caramiñal.

 Outubro xa é un mes cativo e só fomos a unha festa, a da Vendima de Dorrón. 

En novembro tamén tivemos so únha actuación a da Sta. Barbara en Aios.

 No mes do Nadal fomos primeiro a Marín acopañando ao Grupo de Baile “Soalleira” de Dorrón nos “X Encontros Interculturais”, e por último a Garellas (Forcarei ), o día de Noite Boa, que foi o peche do  noso ano “artístico”. Ata aquí chega o resumo das festas do ano, o que lle hai que engadir máis de 30 actuacións en hoteis.

Agardamos que o 2009 sexa cando menos coma este ano que despedimos, aínda que coa crise non se sabe o que vai pasar coas festas das que somos partícipes, pero o ano que ven xa volo contaremos. Non quería despedirme sen deixar a derradeira foto da Cea 2008 na que sí saímos tód@l@s gaiteir@s que participamos.

 Bo nadal, e feliz aninovo a todos. Un saudo e Aburiño.

ODB Deséxavos Feliz 2009

ODB Deséxavos Feliz 2009