O NAZARENO, FE E MITO

Octubre 27, 2008

 

A terceira semana de Setembro é cita ineludible para tódolos devotos do Nazareno, e tamén os que non teñen ningún tipo de crenzas pero que lles gustan as celebracións relixioso-ancestrais. Este santo reúne nas rúas da Pobra do Caramiñal (A Coruña) a miles de fieis que acoden en peregrinación a esta vila barbanzá, que se converte durante unhas horas no centro relixioso máis importante de toda Galicia.

Co gallo da procesión das Mortaxas, Ramón María del Valle-Inclán, asiduo da localidade, recolleu máis de un detalle para a súa extensa e prestixiosa obra. A tradición de tan sobranceiro cortexo, con caixas fúnebres incluídas, provén do S. XV. Dende entón, a devoción non decaeu. Aqueles fieis que estiveron no “fío da navalla” da morte ofrecen a Xesús O Nazareno, velas e féretros levados por eles mesmos ou polos familiares, no percorrido en procesión que transcorre polas principais rúas do Caramiñal.

Os do Barro tamén estivemos alí por sétimo ano consecutivo, levando a música por tódolos recunchos do concello pobrense dende os límites co concello de Boiro (Escarabote), ata a  entrada do concello ribeirense (Palmeira). Tamén chegamos ata a ladeira do monte máis emblemático da bisbarra barbanzá como é a Curota (S. Cruz de Leçons).

 A primeira intervención nosa neste acontencemento festivo remóntase ó ano 1991, e durante 4 anos consecutivos fomos partícipes, para logo descansar ata ben entrado o novo milenio.

Para concluir, amosar una fotos actuaIs feitas na Praia do Areal (A Pobra), e outra pertencente o 1993, na que se observa a evolución da agrupación, con compoñentes que xa non están e outros que si están pero con uns cantos anos máis ás costas, eso sí, ben levados.

 

ODB Setembro 2008

ODB Praia Areal 2008

ODB Praia Areal 2008

ODB na Pobra no 93'

ODB na Pobra no 93


O PELETE, CITA INELUDIBLE DE TÓDOLOS ANOS

Septiembre 30, 2008

 

Como tódolos anos estivemos nas festas do Pelete, e este non ía ser menos. Para quen aínda non saiba donde queda O Pelete, é una aldea que pertence o concello da Lama (Pontevedra). Os do Barro como grupo levan animando esta festa dende o ano 1984 ¡Xa choveu dende aquela!

O Domingo 7, estivemos todo día armando trangallada xunto coa Charanga  “Os charangos” de Neda (A Coruña), uns festeiros e músicos excelentes.

O Luns 8,foi un día do máis “relaxado”, xa que tocamos na precesión e o rematar, logo, despois do xantar, botámoslle unas “tocatas” os nenos mentres os monitores lle organizaban os seus xogos.

O Martes 9, o terceiro e derradeiro día, tocamos antes da misa, á procesión e despois do acto litúrxico. Logo de xantar, fomos animar a festa polos distintos comedores, como é costume tódolos anos, que ese día se enchen ata a bandeira. E á tardiña estivemos alternando coa Banda Municipal de Arcade. Como remate botámoselle unas “foliadas” diante da bodega para despedir estas festas e ¡ata o ano que ven!.

O testigo da nosa presenza, está nesta instantánea feita na única fonte do Pelete, foi o Luns 8, estamos catro, incluida a nosa compañeira Reme, que últimamente estache en todo e en todas.

Os Do Barro No Pelete 2008

Non remato, sen antes adicarlle unha pequena homenaxe ós dous máis sobranceiros gaiteiros que integran a “cúpula de amigos” Do Barro-Bréteva, inmortalizados individualmente diante do mítico Carballo Milenario do Pelete, que case é máis fácil saltalo que rodealo.

Tonhito O Pelete 2006

Tonhito No Pelete 2006

Xabier No Pelete 2006

Xabier No Pelete 2006

 


O COSTALEIRO DOS DO BARRO

Agosto 25, 2008

 

 Este longo período de inactividade na bitácora; é debido, entre outras cousas, a temas de índole persoal. Os meses estivais de Xullo, Agosto e Setembro son os máis produtivos para o grupo, onde temos case que a totalidade dos fins de semana ocupados. A pesares disto sempre hai un oco para narrar algunhas das múltiples anécdotas que xorden nestas datas.

O pasado Domingo 10 estivemos no Maño (A Pobra do Caramiñal), máis coñecida esta parroquia pola súa praia de Cabío. O festexo facíase na honra a Virxe do Carme, a mañá realizamola alborada como de costume, por tódolos recunchos da parroquia, e a tarde tocamos unhas pezas antes da misa, para logo saír en Procesión.

A sorpresa foi, antes de comezar o percorrido, cando un representante da Comisión se dirixe a nós para que algún do grupo faga de “costaleiro”1, ou sexa, que transporte coa axuda de máis persoas a santa. Non houbo moito que discutir, o elexido foi Miguel García, máis coñecido en Portonovo co apelativo  ”De La Torre”, ese home tremendamente capacitado que compaxina a gaita coas profesións de bodegueiro e albanel, e que a parte aínda saca tempo “para medir rotondas” e o que faga falla. Vamos o típico xenro que toda sogra querería ter na casa.

Para recoller este  testemuño sen precedentes contamos coa inestimable axuda dunha intrépida fotógrafa, que ademáis ese día actuou como bombeira, Reme, sen ela non sería posible esta reportaxe. Grazas por todo.

1.Costaleiro en andalú: Persona, por lo general hoy día, hermano de la Hermandad, que junto con otros, soporta, lleva y pasea con muchísimo amor y arte las Imágenes de sus titulares, sobre el paso, y éste a su vez, soportando el peso sobre su cerviz, espalda y riñones, debajo en su lugar de las trabajaderas. Antiguamente, los costaleros, eran personas fuertes, generalmente cargadores del muelle o similares.

 


O GAITEIRO DENDE A PERSPECTIVA ROSALIANA

Mayo 30, 2008

Para os galegos, Rosalía de Castro foi e será por moitos séculos a nosa máis ilustre poetisa. A nosa literata máis universal reflexaba, mellor ca ninguén, nas suas creacións, a verdadeira imaxe daquela sociedade galega do S. XIX. Por aquel entón, o atraso económico e cultural no que estaba sumido o pais, a emigración, o sistema caciquil imperante, as vexacións as que eramos sometidos os galegos polos “casteláns” cando marchábamos a traballarlles os seus campos de cereais; eran algunhas das temáticas da súa obra. Pero tamén tiña tempo para describir o que representaba a figura do gaiteiro, que hoxe so sería equiparable a unha estrela de rock ou o do pop.

Un repoludo gaiteiro
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
antre os mozos o pirmeiro,
e nas siudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
as nenas hei de engañar.

Sempre pola vila entraba
con aquél señorío,
sempre con poxante brío
con tambor se acompasaba,
e si na gaita sopraba
era tan doçe soprar
que ven fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Todas por el reloucaban,
todas por el se morrían;
si o tiñan cerca, sorrían;
si o tiñan lonxe, choraban.
¡Mal pecado! Non coidaban
que co-aquel seu frolear
tiña costume en cantar
alo pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Camiño da romería,
debaixo duna figueira,
canta miniña solteira:
“Quérote”, lle repetía…
I el ca gaita respondía
por a todas emboucar,
pois ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Elas louquiñas bailaban
e por xunta del corrían,
cegas…, cegas que non vían
as espiñas que as cercaban;
probes palomas, buscaban
a luz que as iba queimar,
pois que el soupera cantar
Aló pola mañanciña:
-O son da miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Nas festas,¡canto contento!
Canta risa nas fiadas!
Todas, todas namoradas,
déranlle o seu pensamento.
Y el, que de amores sedento,
quixo a todas engañar,
cando as veu dimpóis chorar,
cantaba nas mañanciñas:

-Non sean elas toliñas:
non veñan ó meu tocar.

Rosalía de Castro
(“Cantares Gallegos” 1863)

 


TEMPO DE “LECER”

Abril 30, 2008

 

Nestas datas primaverais,  nas que practicamente non hai actuacións ata maio e sobre todo xuño, salvo casos esporádicos, aproveitamos os ensaios semanais no grupo para ampliar repertorio e o que é máis importante repasar todo o que temos consolidado ó longo de todos estos anos. Como se diría no argot futbolístico “estamos en Pretempada”.

Volvendo ó tema das actuacións invernais, ás que antes vós fixen alusión, o pasado 2 de Marzo estivemos no Pelete (A Lama) para festexar a chegada do viño que é obxeto da Romaría que se celebra tódolos anos o día 7 de Setembro e se prolonga ata o 8 e 9 de ese mesmo mes, aínda que estes dous últimos días estén adicados á Virxe dos Remedios.

 

Pois ben, ese día, aparte de estar amenizando a festa ós integrantes da Comisión e persoas vencelladas a esta aldea coñecida tamén por posuir un dos carballos milenarios de Galicia, co tronco máis gordo (ver foto abaixo), tamén nos dou tempo de sacarnos unhas fotos co terapeuta, menciñeiro, ou como lle queiran chamar, Luis Torrado  Casal “O bruxo”, coñecido tamén no mundo enteiro. Aquí vos deixo a foto que constata o encontro.