ADEUS 2008

Diciembre 29, 2008
Agora que remata o ano é tempo de facelo resumo deste 2008 en canto a actuacións. Este ano que nos deixa foi moi positivo para o grupo, aínda que tamén foi compricado e complexo, tocamos en moitas festas de todo tipo e percorremos moitas ruas, corredoiras, congostras e algún que outro atallo polo medio das silveiras.

 Cedo comezamos a tocar neste 2008 xa que o primeiro de xaneiro tocamos nun lugar de Soutelo de Montes chamado A Magdalena, logo xa viñeron as festas de Arra, Bordóns e Adina.

 No mes de Febreiro chegaron os carnavais e tocamos coa comparsa de Noalla, tamén comenzamos a tocar nos hoteis para os turistas, feito que se prolongou durante todo o ano.

 Chega Marzo e a primeira actuación que temos é a bendición do viño que traen dende o Ribeiro ata O Pelete, no Concello da Lama.

 En Abril tivemos un mes de repouso xa que non tivemos actuacións, houbo que agradar ata Maio para empezar o forte das actuacións principiando con Castrelo, logo Aios e por último en Dorrón.

Xa entramos de cheo no bo tempo co mes de Xuño, e con el as actuacións: no Maño (A Pobra do Caramiñal, Garellas (Forcarei), Vilariño (Cambados), e as festas de S. Xoán de Aios por último tocamos en Sanxenxo nunha Xuntanza da Asociación Cultural Abiñadoira.

Xa estamos no verán o calor apreta e escomenzamos a suar a cachón nas alboradas. En xullo tocamos en Bordóns, no sacramento de Noalla nun banquete e en Dorrón.

Chega Agosto, mes de vacacións, turismo e festas por tódolos sitios. Este mes estivo repleto de actuacións, comenzando coa festa das Migas na Revolta , Sto. Domingo de Beariz, o Maño e o Carme dos Pincheiros  ( Pobra do Caramiñal), romería da Lanzada, tamén tocamos nunha voda duns americanos na capela da Lanzada, pois sí que foi un mes completo.

 En Setembro a primeira actuación é Castrelo, logo a festa do viño de Pelete (A Lama), para rematar coas festas do Nazareno na Pobra do Caramiñal.

 Outubro xa é un mes cativo e só fomos a unha festa, a da Vendima de Dorrón. 

En novembro tamén tivemos so únha actuación a da Sta. Barbara en Aios.

 No mes do Nadal fomos primeiro a Marín acopañando ao Grupo de Baile “Soalleira” de Dorrón nos “X Encontros Interculturais”, e por último a Garellas (Forcarei ), o día de Noite Boa, que foi o peche do  noso ano “artístico”. Ata aquí chega o resumo das festas do ano, o que lle hai que engadir máis de 30 actuacións en hoteis.

Agardamos que o 2009 sexa cando menos coma este ano que despedimos, aínda que coa crise non se sabe o que vai pasar coas festas das que somos partícipes, pero o ano que ven xa volo contaremos. Non quería despedirme sen deixar a derradeira foto da Cea 2008 na que sí saímos tód@l@s gaiteir@s que participamos.

 Bo nadal, e feliz aninovo a todos. Un saudo e Aburiño.

ODB Deséxavos Feliz 2009

ODB Deséxavos Feliz 2009


CEA FRATERNAL 2008

Noviembre 29, 2008

 

Como tódolos anos ó remate das actuacións anuais sempre celebramos a despedida do ano cunha cea entre membros do grupo e outros que o foron noutrora.

Estes encontros serven para recordar infinidade de peripecias e anécdotas recentes e tamén as que xurdiron ó longo de estos anos e que son un recordo nostálxico e imborrable para todos nós. A anécdota deste ano estivo en que tivemos que mudarnos no restaurante, xa que viñamos dunha actuación no Grove.

A cea tivo lugar en Noalla no “Restaurante Illa” o pasado día 15 do presente, estivo moi ben preparado todo, realmente exquisito. Para comprobar as nosas facianas de fartos e felices que tiñamos e o “bo rollo” que existeu neste encontro vos “colgo”estas imaxes. Ainda que son moi semellantes non son a mesma, e non volas poño para que atopédelas 7 diferenzas, aínda que quen queira pode intentalo.

ODB Cea 2008

ODB Cea 2008

 

ODB Cea 2008

ODB Cea 2008


CONTINUADORES DOS SONS TRADICIONAIS

Marzo 12, 2008

 

 

Os Campaneiros de Vilagarc�a en 1966 

Dende a súa fundación no grupo de Gaitas Do Barro, sempre tentamos ser continuadores dos vellos grupos de gaitas, aqueles cuartetos ou quintetos de gaitas e percusión tradicional que comezamos a escoitar de cativos nas tamén “tradicionais” casettes.

Aqueles grupos tales como: os Campaneiros, os Irmáns Portela, Os Cruceiros, Os Amigos de Lugo, Os Garceiras e tantos outros; foron os que nos marcaron a liña a seguir e nos amosaron o xeito de tocar tradicional.

Nos non estamos en contra de novas melodias de autor máis técnicas e complexas que as tradicionais, as cales nós tamén interpretamos, pero cremos que cando están a escoitarnos nunha festa xente que non entende nada de música tradicional nin de melodías e lle tocamos unha peza tradicional  percíbese que lle comezan a ferver os sentidos e mailos pés, mentres que unha peza das de autor non lles fai o mesmo efecto.

No grupo “Do Barro” non soamente somos continuadores no xeito de tocar senon que tamén no traballo que realizamos nas festas percorrendo os pobos nas alboradas, poñendo música nas procesións e  tocando para que baile a xente e os grupos de baile rexional.

Agardamos no futuro ter nós tamén uns continuadores, porque cremos que a música tradicional e o traballo dos gaiteiros nas festas teñen un oco no século XXI.

 

Os do Barro no 2005


GRUPO DE GAITAS OS DO BARRO

Febrero 11, 2008

os-do-barro-mediana.jpgos-do-barro-mediana.jpgos-do-barro-mediana.jpg

BIOGRAFÍA

 

 

O Grupo de Gaitas Os do Barro é un grupo de música tradicional de Sanxenxo que ten unha traxectoria de máis de 25 anos, onde amosa o mellor da nosa tradición por toda Galicia.

Todo comeza en Vilalonga aproximadamente no ano 80′ onde un grupo de pais interesados en que os seus fillos aprendesen música tradicional contactan con Manuel Piñeiro “Lito”, excompoñente dos Gatos de Portonovo (grupo tradicional sobranceiro nos anos 70′), e chegan a conclusión de empezar a traballar nun proxecto cos rapaces para ensinarlles a nosa música e chegar a formar nun futuro  unha agrupación. Ao cabo de varios meses de traballo co grupo chegan os froitos co nacemento “Os barroxiños” de Vilalonga pero esta formación duraria pouco pola diverxencia entre varios pais que abandonan o proxecto.

 

Entón foi cando os supervivintes do anterior proxecto e mailo mestre Lito forman “Os do Barro” no ano 82′ esta agrupación estaba composta nun principio por: Alberto da Reina (Bombo), Toño León, Pedro Agraso, Xavier Lázaro e Manolo Ardilla (Gaitas) e Lito (tamboril), pouco despois entrou Antucho Miniño no lugar de Alberto da Reina e Manolo García ocupou a vacante de Javier Lázaro. Asi estaría estable o grupo ata finais dos 80′

No finais dos oitenta houbo drásticos cambios, saíron os gaiteiros Pedro Agraso, Toño León e Manolo Ardilla e entraron X. Antonio “Cadornas”, Miguel “Maroucán” e Xosé “Buxa”.

 

A principios dos noventa incorporause Toño Fernández no lugar de X. Antonio “Cadornas” co que a formación tipo do grupo nesa época sería: Antucho Miniño (Bombo e Pandeireta), Lito (Tamboril) e Manolo García, Miguel “Maroucán”, Xosé “Buxa” e Toño Fernández (Gaitas).

A mediados dos noventa sae do grupo Xosé “Buxa” e Miguel “Maroucán” e entran Anxo Casal “Pirucho” e pouco despois Roberto Piñeiro. Nese intre, cando o grupo adquire un compenetración e solidez artística, decidese a gravar o seu primero traballo no ano 97′ titulado “Tarais”.

 

Xa entrados no novo milenio e cando o grupo estaba no Cenit  da sua carreira, temos outro drástico cambio, saen o mesmo tempo Anxo Casal “Pirucho”, Manolo García e Antucho Miniño; estes dous ultimos cunha traxectoria de máis de 20 anos na formación. Para suplir a estas sensibles baixas repescouse a Xosé “Buxa” e fichouse a Miguel Garcia. A mediados do 00′ hai pequenas variacións volve a saír Xosé “Buxa”, que é sustitudo por Diego “Chuma” e a sua vez e sustituido por Blas Cañedo.

Actualmente a formación tipo do Grupo esta composta por: Blas Cañedo (bombo), Lito (Tamboril) e Toño Fernández, Miguel García e Roberto Piñeiro (Gaitas).