O GAITEIRO DENDE A PERSPECTIVA ROSALIANA

mayo 30, 2008

Para os galegos, Rosalía de Castro foi e será por moitos séculos a nosa máis ilustre poetisa. A nosa literata máis universal reflexaba, mellor ca ninguén, nas suas creacións, a verdadeira imaxe daquela sociedade galega do S. XIX. Por aquel entón, o atraso económico e cultural no que estaba sumido o pais, a emigración, o sistema caciquil imperante, as vexacións as que eramos sometidos os galegos polos “casteláns” cando marchábamos a traballarlles os seus campos de cereais; eran algunhas das temáticas da súa obra. Pero tamén tiña tempo para describir o que representaba a figura do gaiteiro, que hoxe so sería equiparable a unha estrela de rock ou o do pop.

Un repoludo gaiteiro
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
antre os mozos o pirmeiro,
e nas siudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
as nenas hei de engañar.

Sempre pola vila entraba
con aquél señorío,
sempre con poxante brío
con tambor se acompasaba,
e si na gaita sopraba
era tan doçe soprar
que ven fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Todas por el reloucaban,
todas por el se morrían;
si o tiñan cerca, sorrían;
si o tiñan lonxe, choraban.
¡Mal pecado! Non coidaban
que co-aquel seu frolear
tiña costume en cantar
alo pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Camiño da romería,
debaixo duna figueira,
canta miniña solteira:
“Quérote”, lle repetía…
I el ca gaita respondía
por a todas emboucar,
pois ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Elas louquiñas bailaban
e por xunta del corrían,
cegas…, cegas que non vían
as espiñas que as cercaban;
probes palomas, buscaban
a luz que as iba queimar,
pois que el soupera cantar
Aló pola mañanciña:
-O son da miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Nas festas,¡canto contento!
Canta risa nas fiadas!
Todas, todas namoradas,
déranlle o seu pensamento.
Y el, que de amores sedento,
quixo a todas engañar,
cando as veu dimpóis chorar,
cantaba nas mañanciñas:

-Non sean elas toliñas:
non veñan ó meu tocar.

Rosalía de Castro
(“Cantares Gallegos” 1863)

 


Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.