O ENTROIDO II

Marzo 31, 2009

 

 Este mes de Marzo practicamente non tivemos actividade, exceptuando as datas de Carnavais e por suposto os ensaios habituais do inverno.

O Entroido rematou co desfile que tivo lugar en Sanxenxo o día 1 de Marzo, iniciouse o seu percorrido na Avda. Luis Rocafort en Sanxenxo e rematou nunha carpa habilitada para a ocasión, na explanada que está ao lado da lonxa de Portonovo. Neste evento déronse cita Comparsas de toda Galicia, e converteuse nun espectáculo digno de observar.

 O sábado 22 tivemos a comida da comparsa, tivo lugar no restaurante “Casa Portela” ubicado na Revolta (Noalla), onde tivemos tempo a parolar, interpretar as “historias” do entroido, tocar e cantar outras pezas emblemáticas como a “Rianxeira”.

 Por último, chegamos a conclusión, os alí presentes, que para o ano (se se chega alá), seguiremos coa ledicia e a tradición da festa máis ancestral de cantas se celebran.

ODB na Comida da Comparsa

ODB Comida da Comparsa

 


VIVA O ENTROIDO!

Febrero 26, 2009

 

Este segundo mes do ano tamén alcumado mes do Carnaval, tivemos principalmente dous compromisos festivos que nos tiveron ocupados nas datas da celebración máis ancestrais e máis “pagana” de cantas se celebran, o Entroido.

 Comezamos o Sábado 21 en Pelete, nunha comida que organizan as xentes da aldea e máis a directiva da Comisión das festas que se celebran no mes de Setembro, traen da zona do Ribeiro o viño en camións-cisterna e deposítano nas cubas que xa teñen preparadas para que repouse o tempo necesario para ser consumido en datas anteriormente mencionadas.

 O Domingo 22, fomos acompañando a Comparsa dos Xubilados de Noalla, a mañá fomos polos bares, restaurantes e outros establecementos comerciais de Pontes e Aios e a tarde presentámonos no Concurso celebrado na Praza dos Barcos en Sanxenxo, a coincidencia fixo que nos tocara o turno de actuar ó solpor.

Levamos duas pezas a primeira “A crisis”, con música do “Caneco”, e que fai referencia a actual situación económica na que estamos inmersos e critica ós políticos a nivel nacional e autonómico. A segunda titulada “Promesas de políticos”, coa melodía do “Sacristán de Coimbra”, é unha crítica-satírica en clave local con alusións directas á Alcaldesa e os concelleiros da parroquia de Noalla.

 O Martes 24 á tarde, novamente fomos de “xira” coa Comparsa  transmitindo a esencia e a alegría do Carnaval, primeiro polos bares e restaurantes da Lanzada e Noalla, para logo transladarnos a Vilalonga e percorrer case que tódolos bares do casco urbán. En conclusión, levamos o espíritu do Entroido por estas duas parroquias nas que  non hai ningún tipo de evento ou celebración nestas datas tan sinaladas. Por eso temos que dicir ben alto: LONGA VIDA Ó ENTROIDO!

ODB no Pelete 2009

ODB no Pelete 2009

 

ODB coa Comparsa dos X. de Noalla

ODB coa Comparsa dos X. de Noalla


SAN AMARO 2009 TODOS DEBAIXO DO TELLADO

Enero 29, 2009

 

Este ano que acaba de comezar principiamos a nosa andaina nun dos lugares que a mín persoalmente máis me gusta tocar, Arra. Para aqueles que non saiban donde situar Arra, para entendernos mellor, abarca aproximadamente a franxa litoral dende a praia de Paxariñas  ata o remate da praia de Montalvo en Aios, aínda que o núcleo principal de poboación se atopa a 1 Km da costa hacia o interior trazando unha liña recta dende o medio da praia de Montalvo. Dicir tamén que Arra actualmente é un anexo da parroquia de Sta. María de Adina e que no seu tempo foi parroquia independente.

 Este ano (e con este xa levamos dous) podríamos trocar ese dito de “En S. Amaro trompos o tellado” polo de “En S. Amaro todos debaixo do tellado”.

As celebracións comezaron o Xoves 16, na honra de S. Amaro, e a verdade é que as inclemencias metereolóxicas en forma de choiva, non nos permitiron efectuar a alborada como de costume, entón non nos quedou máis remedio que animar a troula polos bares, tabernas, furanchos, casas e restaurantes do lugar, e a xuzgar pola primeira imaxe non se nos dá nada mal. Nesta tesitura, pasou a mañá voando e ás 13:00 h tivo lugar a misa para a continuación ir en procesión arredor da capela. Por último, rematamos tocando unhas pezas nun coñecido restaurante.

O día seguinte, día de S. Marcial, remitiu o mal tempo e deixounos percorre tódolos camiños e corredoiras de Arra, para logo ir en procesión, e esta foi máis larga cá do día anterior, e chegou ata a pista que vai a Aios, alí parouse para facer o lance de fogos, para logo subir outra vez ata a capela. Despois chegaron as poxas nas que se ofertaron prantas e galos entre outras cousas, para rematar nun restaurante tomando uns pinchiños e despedir esta Festa invernal como se merece.

ODB en acción con viño e xamón

ODB en acción con viño e xamón

ODB en Arra 2009

ODB en Arra 2009


O NAZARENO, FE E MITO

Octubre 27, 2008

 

A terceira semana de Setembro é cita ineludible para tódolos devotos do Nazareno, e tamén os que non teñen ningún tipo de crenzas pero que lles gustan as celebracións relixioso-ancestrais. Este santo reúne nas rúas da Pobra do Caramiñal (A Coruña) a miles de fieis que acoden en peregrinación a esta vila barbanzá, que se converte durante unhas horas no centro relixioso máis importante de toda Galicia.

Co gallo da procesión das Mortaxas, Ramón María del Valle-Inclán, asiduo da localidade, recolleu máis de un detalle para a súa extensa e prestixiosa obra. A tradición de tan sobranceiro cortexo, con caixas fúnebres incluídas, provén do S. XV. Dende entón, a devoción non decaeu. Aqueles fieis que estiveron no “fío da navalla” da morte ofrecen a Xesús O Nazareno, velas e féretros levados por eles mesmos ou polos familiares, no percorrido en procesión que transcorre polas principais rúas do Caramiñal.

Os do Barro tamén estivemos alí por sétimo ano consecutivo, levando a música por tódolos recunchos do concello pobrense dende os límites co concello de Boiro (Escarabote), ata a  entrada do concello ribeirense (Palmeira). Tamén chegamos ata a ladeira do monte máis emblemático da bisbarra barbanzá como é a Curota (S. Cruz de Leçons).

 A primeira intervención nosa neste acontencemento festivo remóntase ó ano 1991, e durante 4 anos consecutivos fomos partícipes, para logo descansar ata ben entrado o novo milenio.

Para concluir, amosar una fotos actuaIs feitas na Praia do Areal (A Pobra), e outra pertencente o 1993, na que se observa a evolución da agrupación, con compoñentes que xa non están e outros que si están pero con uns cantos anos máis ás costas, eso sí, ben levados.

 

ODB Setembro 2008

ODB Praia Areal 2008

ODB Praia Areal 2008

ODB na Pobra no 93'

ODB na Pobra no 93


O PELETE, CITA INELUDIBLE DE TÓDOLOS ANOS

Septiembre 30, 2008

 

Como tódolos anos estivemos nas festas do Pelete, e este non ía ser menos. Para quen aínda non saiba donde queda O Pelete, é una aldea que pertence o concello da Lama (Pontevedra). Os do Barro como grupo levan animando esta festa dende o ano 1984 ¡Xa choveu dende aquela!

O Domingo 7, estivemos todo día armando trangallada xunto coa Charanga  “Os charangos” de Neda (A Coruña), uns festeiros e músicos excelentes.

O Luns 8,foi un día do máis “relaxado”, xa que tocamos na precesión e o rematar, logo, despois do xantar, botámoslle unas “tocatas” os nenos mentres os monitores lle organizaban os seus xogos.

O Martes 9, o terceiro e derradeiro día, tocamos antes da misa, á procesión e despois do acto litúrxico. Logo de xantar, fomos animar a festa polos distintos comedores, como é costume tódolos anos, que ese día se enchen ata a bandeira. E á tardiña estivemos alternando coa Banda Municipal de Arcade. Como remate botámoselle unas “foliadas” diante da bodega para despedir estas festas e ¡ata o ano que ven!.

O testigo da nosa presenza, está nesta instantánea feita na única fonte do Pelete, foi o Luns 8, estamos catro, incluida a nosa compañeira Reme, que últimamente estache en todo e en todas.

Os Do Barro No Pelete 2008

Non remato, sen antes adicarlle unha pequena homenaxe ós dous máis sobranceiros gaiteiros que integran a “cúpula de amigos” Do Barro-Bréteva, inmortalizados individualmente diante do mítico Carballo Milenario do Pelete, que case é máis fácil saltalo que rodealo.

Tonhito O Pelete 2006

Tonhito No Pelete 2006

Xabier No Pelete 2006

Xabier No Pelete 2006