BIOGRAFÍA

os-do-barro-mediana.jpg

 

 

 

O Grupo de Gaitas Os do Barro é un grupo de música tradicional de Sanxenxo que ten unha traxectoria de máis de 25 anos, onde amosa o mellor da nosa tradición por toda Galicia.

Todo comeza en Vilalonga aproximadamente no ano 80′ onde un grupo de pais interesados en que os seus fillos aprendesen música tradicional contactan con Manuel Piñeiro “Lito”, excompoñente dos Gatos de Portonovo (grupo tradicional sobranceiro nos anos 70′), e chegan a conclusión de empezar a traballar nun proxecto cos rapaces para ensinarlles a nosa música e chegar a formar nun futuro  unha agrupación. Ao cabo de varios meses de traballo co grupo chegan os froitos co nacemento “Os barroxiños” de Vilalonga pero esta formación duraria pouco pola diverxencia entre varios pais que abandonan o proxecto.

 

Entón foi cando os supervivintes do anterior proxecto e mailo mestre Lito forman “Os do Barro” no ano 82′ esta agrupación estaba composta nun principio por: Alberto da Reina (Bombo), Toño León, Pedro Agraso, Xavier Lázaro e Manolo Ardilla (Gaitas) e Lito (tamboril), pouco despois entrou Antucho Miniño no lugar de Alberto da Reina e Manolo García ocupou a vacante de Javier Lázaro. Asi estaría estable o grupo ata finais dos 80′

No finais dos oitenta houbo drásticos cambios saíron os gaiteiros Pedro Agraso, Toño León e Manolo Ardilla e entraron X. Antonio “Cadornas”, Miguel “Maroucán” e Xosé “Buxa”.

 

A principios dos noventa incorporause Toño Fernández no lugar de X. Antonio “Cadornas” co que a formación tipo do grupo nesa época sería: Antucho Miniño (Bombo e Pandeireta), Lito (Tamboril) e Manolo García, Miguel “Maroucán”, Xosé “Buxa” e Toño Fernández (Gaitas).

A mediados dos noventa sae do grupo Xosé “Buxa” e Miguel “Maroucán” e entran Anxo Casal “Pirucho” e pouco despois Roberto Piñeiro. Nese intre, cando o grupo adquire un compenetración e solidez artística, decidese a gravar o seu primero traballo no ano 97′ titulado “Tarais”.

 

Xa entrados no novo milenio e cando o grupo estaba no Cenit  da sua carreira, temos outro drástico cambio, saen o mesmo tempo Anxo Casal “Pirucho” , Manolo García e Antucho Miniño; estes dous ultimos cunha traxectoria de máis de 20 anos na formación. Para suplir a estas sensibles baixas repescouse a Xosé “Buxa” e fichouse a Miguel Garcia. A mediados do 00′ hai pequenas variacións volve a saír Xosé “Buxa”, que é sustitudo por Diego “Chuma” e a sua vez e sustituido por Blas Cañedo.

Actualmente a formación tipo do Grupo esta composta por: Blas Cañedo (bombo), Lito (Tamboril) e Toño Fernández, Miguel García e Roberto Piñeiro (Gaitas).

Escribe un comentario