O ENTROIDO II

Marzo 31, 2009

 

 Este mes de Marzo practicamente non tivemos actividade, exceptuando as datas de Carnavais e por suposto os ensaios habituais do inverno.

O Entroido rematou co desfile que tivo lugar en Sanxenxo o día 1 de Marzo, iniciouse o seu percorrido na Avda. Luis Rocafort en Sanxenxo e rematou nunha carpa habilitada para a ocasión, na explanada que está ao lado da lonxa de Portonovo. Neste evento déronse cita Comparsas de toda Galicia, e converteuse nun espectáculo digno de observar.

 O sábado 22 tivemos a comida da comparsa, tivo lugar no restaurante “Casa Portela” ubicado na Revolta (Noalla), onde tivemos tempo a parolar, interpretar as “historias” do entroido, tocar e cantar outras pezas emblemáticas como a “Rianxeira”.

 Por último, chegamos a conclusión, os alí presentes, que para o ano (se se chega alá), seguiremos coa ledicia e a tradición da festa máis ancestral de cantas se celebran.

ODB na Comida da Comparsa

ODB Comida da Comparsa