SAN AMARO 2009 TODOS DEBAIXO DO TELLADO

Enero 29, 2009

 

Este ano que acaba de comezar principiamos a nosa andaina nun dos lugares que a mín persoalmente máis me gusta tocar, Arra. Para aqueles que non saiban donde situar Arra, para entendernos mellor, abarca aproximadamente a franxa litoral dende a praia de Paxariñas  ata o remate da praia de Montalvo en Aios, aínda que o núcleo principal de poboación se atopa a 1 Km da costa hacia o interior trazando unha liña recta dende o medio da praia de Montalvo. Dicir tamén que Arra actualmente é un anexo da parroquia de Sta. María de Adina e que no seu tempo foi parroquia independente.

 Este ano (e con este xa levamos dous) podríamos trocar ese dito de “En S. Amaro trompos o tellado” polo de “En S. Amaro todos debaixo do tellado”.

As celebracións comezaron o Xoves 16, na honra de S. Amaro, e a verdade é que as inclemencias metereolóxicas en forma de choiva, non nos permitiron efectuar a alborada como de costume, entón non nos quedou máis remedio que animar a troula polos bares, tabernas, furanchos, casas e restaurantes do lugar, e a xuzgar pola primeira imaxe non se nos dá nada mal. Nesta tesitura, pasou a mañá voando e ás 13:00 h tivo lugar a misa para a continuación ir en procesión arredor da capela. Por último, rematamos tocando unhas pezas nun coñecido restaurante.

O día seguinte, día de S. Marcial, remitiu o mal tempo e deixounos percorre tódolos camiños e corredoiras de Arra, para logo ir en procesión, e esta foi máis larga cá do día anterior, e chegou ata a pista que vai a Aios, alí parouse para facer o lance de fogos, para logo subir outra vez ata a capela. Despois chegaron as poxas nas que se ofertaron prantas e galos entre outras cousas, para rematar nun restaurante tomando uns pinchiños e despedir esta Festa invernal como se merece.

ODB en acción con viño e xamón

ODB en acción con viño e xamón

ODB en Arra 2009

ODB en Arra 2009