CEA FRATERNAL 2008

 

Como tódolos anos ó remate das actuacións anuais sempre celebramos a despedida do ano cunha cea entre membros do grupo e outros que o foron noutrora.

Estes encontros serven para recordar infinidade de peripecias e anécdotas recentes e tamén as que xurdiron ó longo de estos anos e que son un recordo nostálxico e imborrable para todos nós. A anécdota deste ano estivo en que tivemos que mudarnos no restaurante, xa que viñamos dunha actuación no Grove.

A cea tivo lugar en Noalla no “Restaurante Illa” o pasado día 15 do presente, estivo moi ben preparado todo, realmente exquisito. Para comprobar as nosas facianas de fartos e felices que tiñamos e o “bo rollo” que existeu neste encontro vos “colgo”estas imaxes. Ainda que son moi semellantes non son a mesma, e non volas poño para que atopédelas 7 diferenzas, aínda que quen queira pode intentalo.

ODB Cea 2008

ODB Cea 2008

 

ODB Cea 2008

ODB Cea 2008

5 comentarios para “CEA FRATERNAL 2008”

  1. Anónimo Dice:

    eu tamen estiven ali, por que non aparezo nas fotos? oh! que disgusto acabo de levar.

  2. fantasma Dice:

    todos estades moi guapos pero falto eu.andandarà?

  3. anonimo,je,je Dice:

    detras da cámara seguro.
    Mecaches! este ano botouse en falta a “piru”

  4. tanonita Dice:

    eso ía a preguntar eu, e piru?. Non me digas que non lle da o soldo para apoquinar o plato?
    Estades moi guapos!

  5. robertopineiro Dice:

    Pois Piru non puido vir, xa que tiña un “compromiso institucional”, concretamente outra cea.

Escribe un comentario