O NAZARENO, FE E MITO

Octubre 27, 2008

 

A terceira semana de Setembro é cita ineludible para tódolos devotos do Nazareno, e tamén os que non teñen ningún tipo de crenzas pero que lles gustan as celebracións relixioso-ancestrais. Este santo reúne nas rúas da Pobra do Caramiñal (A Coruña) a miles de fieis que acoden en peregrinación a esta vila barbanzá, que se converte durante unhas horas no centro relixioso máis importante de toda Galicia.

Co gallo da procesión das Mortaxas, Ramón María del Valle-Inclán, asiduo da localidade, recolleu máis de un detalle para a súa extensa e prestixiosa obra. A tradición de tan sobranceiro cortexo, con caixas fúnebres incluídas, provén do S. XV. Dende entón, a devoción non decaeu. Aqueles fieis que estiveron no “fío da navalla” da morte ofrecen a Xesús O Nazareno, velas e féretros levados por eles mesmos ou polos familiares, no percorrido en procesión que transcorre polas principais rúas do Caramiñal.

Os do Barro tamén estivemos alí por sétimo ano consecutivo, levando a música por tódolos recunchos do concello pobrense dende os límites co concello de Boiro (Escarabote), ata a  entrada do concello ribeirense (Palmeira). Tamén chegamos ata a ladeira do monte máis emblemático da bisbarra barbanzá como é a Curota (S. Cruz de Leçons).

 A primeira intervención nosa neste acontencemento festivo remóntase ó ano 1991, e durante 4 anos consecutivos fomos partícipes, para logo descansar ata ben entrado o novo milenio.

Para concluir, amosar una fotos actuaIs feitas na Praia do Areal (A Pobra), e outra pertencente o 1993, na que se observa a evolución da agrupación, con compoñentes que xa non están e outros que si están pero con uns cantos anos máis ás costas, eso sí, ben levados.

 

ODB Setembro 2008

ODB Praia Areal 2008

ODB Praia Areal 2008

ODB na Pobra no 93'

ODB na Pobra no 93