Como tódolos anos estivemos nas festas do Pelete, e este non ía ser menos. Para quen aínda non saiba donde queda O Pelete, é una aldea que pertence o concello da Lama (Pontevedra). Os do Barro como grupo levan animando esta festa dende o ano 1984 ¡Xa choveu dende aquela!
O Domingo 7, estivemos todo día armando trangallada xunto coa Charanga “Os charangos” de Neda (A Coruña), uns festeiros e músicos excelentes.
O Luns 8,foi un día do máis “relaxado”, xa que tocamos na precesión e o rematar, logo, despois do xantar, botámoslle unas “tocatas” os nenos mentres os monitores lle organizaban os seus xogos.
O Martes 9, o terceiro e derradeiro día, tocamos antes da misa, á procesión e despois do acto litúrxico. Logo de xantar, fomos animar a festa polos distintos comedores, como é costume tódolos anos, que ese día se enchen ata a bandeira. E á tardiña estivemos alternando coa Banda Municipal de Arcade. Como remate botámoselle unas “foliadas” diante da bodega para despedir estas festas e ¡ata o ano que ven!.
O testigo da nosa presenza, está nesta instantánea feita na única fonte do Pelete, foi o Luns 8, estamos catro, incluida a nosa compañeira Reme, que últimamente estache en todo e en todas.
Non remato, sen antes adicarlle unha pequena homenaxe ós dous máis sobranceiros gaiteiros que integran a “cúpula de amigos” Do Barro-Bréteva, inmortalizados individualmente diante do mítico Carballo Milenario do Pelete, que case é máis fácil saltalo que rodealo.



Escrito por robertopineiro