Nestas datas primaverais, nas que practicamente non hai actuacións ata maio e sobre todo xuño, salvo casos esporádicos, aproveitamos os ensaios semanais no grupo para ampliar repertorio e o que é máis importante repasar todo o que temos consolidado ó longo de todos estos anos. Como se diría no argot futbolístico “estamos en Pretempada”.
Volvendo ó tema das actuacións invernais, ás que antes vós fixen alusión, o pasado 2 de Marzo estivemos no Pelete (A Lama) para festexar a chegada do viño que é obxeto da Romaría que se celebra tódolos anos o día 7 de Setembro e se prolonga ata o 8 e 9 de ese mesmo mes, aínda que estes dous últimos días estén adicados á Virxe dos Remedios.
Pois ben, ese día, aparte de estar amenizando a festa ós integrantes da Comisión e persoas vencelladas a esta aldea coñecida tamén por posuir un dos carballos milenarios de Galicia, co tronco máis gordo (ver foto abaixo), tamén nos dou tempo de sacarnos unhas fotos co terapeuta, menciñeiro, ou como lle queiran chamar, Luis Torrado Casal “O bruxo”, coñecido tamén no mundo enteiro. Aquí vos deixo a foto que constata o encontro.

