CONTINUADORES DOS SONS TRADICIONAIS

 

 

Os Campaneiros de Vilagarc�a en 1966 

Dende a súa fundación no grupo de Gaitas Do Barro, sempre tentamos ser continuadores dos vellos grupos de gaitas, aqueles cuartetos ou quintetos de gaitas e percusión tradicional que comezamos a escoitar de cativos nas tamén “tradicionais” casettes.

Aqueles grupos tales como: os Campaneiros, os Irmáns Portela, Os Cruceiros, Os Amigos de Lugo, Os Garceiras e tantos outros; foron os que nos marcaron a liña a seguir e nos amosaron o xeito de tocar tradicional.

Nos non estamos en contra de novas melodias de autor máis técnicas e complexas que as tradicionais, as cales nós tamén interpretamos, pero cremos que cando están a escoitarnos nunha festa xente que non entende nada de música tradicional nin de melodías e lle tocamos unha peza tradicional  percíbese que lle comezan a ferver os sentidos e mailos pés, mentres que unha peza das de autor non lles fai o mesmo efecto.

No grupo “Do Barro” non soamente somos continuadores no xeito de tocar senon que tamén no traballo que realizamos nas festas percorrendo os pobos nas alboradas, poñendo música nas procesións e  tocando para que baile a xente e os grupos de baile rexional.

Agardamos no futuro ter nós tamén uns continuadores, porque cremos que a música tradicional e o traballo dos gaiteiros nas festas teñen un oco no século XXI.

 

Os do Barro no 2005

Una respuesta para “CONTINUADORES DOS SONS TRADICIONAIS”

  1. chuca Dice:

    arrecoño! si recorredes os povos eu dou voa fe delo por que tamen os teño recorrido convosco e con BRETEVA, ,que calores ou que frio dependendo da epoca,pero pasase de maravilla,e o peor de todo e que pode que algun dia desaparezan as alboradas, algo tan da nosa terra,vivan as tradicions e gaiteiros o poder!

Escribe un comentario